ESCRITORES E XORNALISTAS DE GRAN PRESTIXIO NO PANORAMA LUCENSE E GALEGO CONFORMAN O XURADO DO PREMIO DA FUNDACIÓN JACINTO CALVO
MIGUEL VÁZQUEZ CALVO, LOIS CAEIRO, ARCADIO SILVOSA, MA. JESÚS SOUTO BLANCO E DARÍO XOHÁN CABANA SERÁN OS ENCARGADOS DE ESCOLLER O ARTIGO MERECEDOR DO GALARDÓN AOS VALORES SOLIDARIOS E AO COMPROMISO SOCIAL
A Fundación Jacinto Calvo lanzou hai uns meses a convocatoria para o seu premio aos valores solidarios e ao compromiso social. Dotado de 1.500€, este galardón fará un recoñecemento ao autor dun artigo xornalístico que se centre na potenciación dos valores da solidariedade, na defensa dos valores democráticos e na sensibilización dos diferentes sectores da sociedade, respecto ás necesidades e demandas dos colectivos sociais máis vulnerables. A data límite de entrega dos exemplares é o 15 de xaneiro de 2011.
Para a valoración dos artigos xornalísticos participantes esta entidade lucense contará cun xurado conformado por 5 membros, ademais do secretario da Fundación, Serafín Fernández Gómez.
Miguel Vázquez Calvo. Actual presidente da Fundación Jacinto Calvo. Foi delegado da consellería de Traballo, na pasada lexislatura autonómica. Ademais foi edil e voceiro no concello de Lugo. É profesor titular de ensino medio de lingua e literatura española.
María Jesús Souto Blanco. Doutora en Historia Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista na represión franquista en Lugo, cun gran número de publicacións sobre o tema. É, tamén, coordinadora, entre outros, do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares".
Lois Caeiro (Luis Rodríguez). Ademais de ocuparse, actualmente, da dirección do xornal lucense El Progreso, pertence ao Consello da Cultura Galega. É profesor colaborador honorífico da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, e cabe destacar a súa dilatada e brillante traxectoria profesional sempre vinculada ao mundo da comunicación.
Darío Xohán Cabana. Este escritor de recoñecido prestixio é peza clave da literatura galega cunha extensa obra poética, narrativa e como tradutor. Ocupa un posto como membro da Real Academia Galega, dende o ano 2006. Tamén desempeña o seu labor como funcionario do concello de Lugo.
Arcadio Silvosa. Desempeña o cargo de xefe de Informativos da cadea SER de Lugo e traballa como corresponsal do xornal El PAIS nesta mesma cidade. É un referente imprescindible do xornalismo galego. Ademais do seu recoñecido prestixio entre os lucenses, no ano 2008 recibiu o PREMIO Á TRAXECTORIA PROFESIONAL, concedido polos seus compañeiros da Federación Galega da Prensa Deportiva.
ANTUÑA FALA DUNHA EVOLUCIÓN ESPECTACULAR DO SECTOR LÁCTEO EN GALICIA: "O GANDEIRO GALEGO É MOI EFICIENTE"
Dentro da mesa redonda organizada pola Fundación Jacinto Calvo, con motivo da súa Xornada sobre o futuro da PAC, el director general de FEIRACO, José Luis Antuña, deu unha visión favorable tanto sobre o sector lácteo en Galicia, como sobre os ganadeiros galegos.
UNHA MENSAXE POSITIVA
“Dende a incorporación de España na UE, -sinalou, por outro lado-, a evolución do sector lácteo en Galicia é espectacular: proba delo é o aumento e a mellora da capacidade de crecemento; da compra de cota e do arroxo empresarial; do endebedamento; e, sobre todo, apreciamolo nos resultados finais coñecidos, onde nos informes da comisión do 2009 aparecemos nunha posición privilexiada dende o punto de vista de eficiencia e custes. Polo tanto, neste entorno estrutural, que limita a capacidade de actuar, o gandeiro de leite en Galicia é moi eficiente. Sobre todo se temos en conta a loita cun entorno de estrutura de terra absolutamente mal repartida, tremendas limitacións para negociar a PAC, entre outros”, dixo.
BAAMONDE ADVIRTE QUE PARA GARANTIR O ABASTECEMENTO ALIMENTARIO OS AGRICULTORES DEBERÁN OBTER UNHA RENDA XUSTA DO MERCADO
A Política Agraria Común despois de 2013 – a visión dos agricultores e das cooperativas agrícolas da UE
Durante a súa intervención, en Vilalaba, o director xeral de Cooperativas Agroalimentarias de España advertiu que "todos e cada un de nós dependemos do bo funcionamiento da agricultura, para garantir o acceso a un abastecemento de alimentos continuo e estable, seguro para o consumo e de boa calidade".
Outro momento da Xornada da PAC
"Para os ciudadáns europeos tamén é de gran importancia que os alimentos se produzan seguiendo métodos que protexan a nosa paisaxe, o noso medio ambiente, aos nosos animais e á vida salvaxe. O mercado por sí só non alcanzará estes obxectivos. Este é o papel da Política Agrícola Común (PAC). Na actualidade, as medidas comprendidas nos dous piares da PAC financianse con menos do 1% do gasto público da UE", reflexionou.
"De cara ao futuro, a UE enfróntase a novos retos que fan perigrar a moitos destes beneficios; en particular os ofertados en virtude do primeiro piar da PAC - a seguridade e estabilidade do subministro de alimentos, produción sostible, emprego e viabilidade económica das zonas rurais-". Entre eles, Eduardo Baamonde destacou:
- a volatilidade dos mercados, que vai en aumento
- as condicións desiguais, ás que se enfrontan os agricultores no mercado, debido ás esixentes e custosas normas da UE, que non se aplican ás importacións
- os baixos prezos do mercado e os elevados custes provocan o deterioro da renda dos agricultores
- a renda de los agricultores alcanza sólo el 50% de los ingresos medios. El pago directo, que los agricultores reciben de la PAC para pagar los beneficios mencionados anteriormente, representa cerca de dos tercios de la renta de los agricultores
- o aumento de la demanda mundial de alimentos, junto con el cambio climático, conlleva más riesgos para la seguridad alimentaria
- Logo, no futuro será máis importante que nunca contar cunha PAC sólida, que manteña o seu orzamento. Un sector agrícola dinámico e competitivo, que proporciona emprego a case 30 millóns de persoas, tamén debe desempeñar un papel primordial na nova Estratexia UE 2020 para o emprego e o crecemento.
"Si se desexa que a agricultura desempeñe o papel que lle corresponde para estar a altura dos novos retos que acecharán á UE nos vindeiros anos, a Copa e a Cogeca consideran que os principais axustes para a PAC deberían centrarse en:
- Garantir a seguridade e a estabilidade do abastecemento alimentario, reforzando para elo o papel de produción económica dos agricultores
- Permitir que os agricultores obteñan unha renda xusta do mercado e contribuír a que sigan proporcionando amplos servizos económicos, sociais e rurais apreciados pola sociedade
- Garantir unhas condicións igualitarias no mercado único para todos os agricultores da UE
Isto require axustes nos seguintes ámbitos:
- Un funcionamento mellorado, máis estable e trasparente dos mercados
- Un reforzo da posición dos agricultores na cadea alimentaria
- Medidas para mellorar a posición competitiva dos agricultores
- O mantemento dos pagos directos contemplados no primeiro piar, destinados aos agricultores en activo, previa revisión dos tipos de pago
- O mantemento dos pagos en concepto de zona desfavorecida e do apoio específico aos agricultores en casos ben definidos
- Más incentivos para os agricultores, de maneira que poidan proporcionar servizos rurais apreciados pola sociedade
- O reforzo das medidas que permiten aos agricultores e ás súas cooperativas desempeñar un papel positivo de cara aos novos desafíos, particularmente o cambio climático e á problemática da agua
- Unha maior coherencia entre a PAC e a outras políticas relacionadas coa mesma
Os axustes da PAC despois de 2013 deberían reforzar a naturaleza común da política e, ao mesmo tempo, ter en conta a diversidade da agricultura europea. Para elo, explicou Baamonde "precísase de solidariedade financeira e dun presuposto adecuado; ademais de evitar a ampliación da cofinanciación. Así mesmo, debería suprimirse a modulación entre ambos os dous piares", concluíu.
A XORNADA DE DEBATE DA FUNDACIÓN JACINTO CALVO CONCLÚE UN FUTURO POSITIVO E ESPERANZADOR PARA O AGRO GALEGO
O SECRETARIO XERAL DO PSDEG-PSOE, MANUEL VÁZQUEZ, ENCARGADO DA CLAUSURA DO EVENTO, FALOU DE “DIGNIFICAR” A ACCIÓN POLÍTICA E SINDICAL.
A Fundación Jacinto Calvo celebrou unha xornada de análise e debate sobre o camiño que deberá seguir a Política Agraria Común (PAC) nun futuro próximo. Miguel Vázquez Calvo, presidente da mesma, aproveitou un primeiro momento deste encontro para lembrar que "esta é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten por misión promover o desenvolvemento do pensamento social, como senda para poder acadar unha sociedade máis xusta, solidaria, igualitaria e participativa; máis democrática, en definitiva. Unha Fundación, -sostivo-, que apoia á clase traballadora; ao servizo da cidadanía e que aspira a canalizar a participación de homes e mulleres na expresión das súas ideas, das súas preocupacións e na busca de solucións". De aí que o Padroado escollera, para debate, este tema tan relevante a nivel galego e, sobre todo, na provincia de Lugo e, polo tanto, na comarca chairega.
O presidente da Fundación Jacinto Calvo, Miguel Vázquez Calvo
O presidente da Deputación provincial de Lugo, encargado de inaugurar este evento, agradeceu á Fundación por poñer enriba da mesa un tema tan importante para Galicia. “Esta xornada permítelle á Fundación Jacinto Calvo transmitir á cidadanía a sensación e realidade de que lles preocupa e nos preocupa un sector base da economía galega”. José Ramón Gómez Besteiro lembrou que “nos derradeiros anos, Galicia tivo unha gran perda do peso específico da produción especificamente agraria; logo a base agraria, cada vez menos relevante no conxunto da produción alimentaria, converteuse no eslavón máis débil da cadea; a produción alimentaria autóctona perdeu terreo, afectando non só a riqueza agraria, senón tamén ao desenvolvemento económico de toda Galicia. Todo isto deriva nunha dependencia alimentaria da nosa Comunidade Autónoma, onde os mercados énchense, deste xeito, de produtos foráneos. De aí a necesidade, -puntualizou-, dunha revisión do actual modelo. Hai que apostar polo reforzo das funcións non comerciais da agricultura, pero tamén consolidar unha agricultura competitiva, moderna e, certamente, innovadora”.
O Presidente da Deputación de Lugo, Jose ramón Gomez Besteiro
Besteiro explicou que o ente provincial terá destinado, cando remate o seu mandato, aproximadamente o 30% do seu investimento total no mundo do sector primario e no sector do medio ambiente. “Falamos duns 30 millóns de euros, nos 4 anos, unha cifra moi importante, da que 14 millóns se reservaron, aínda en época de crise, para os centros de recría de raza Frisona, coma de raza galega e dos que reservamos ademais case 2 millóns para políticas activas en materia de medio ambiente, que non é unha aposta menor”.
Os participantes na mesa redonda: de esquerda a dereita; Jose Luis Antuña, Director Xeral de FEIRACO, Sonia Verdes Gil, Deputada Galega e Portavoz da Comisión de Agricultura, Román Santalla, Secretario de Gandería da Comisión Executiva Federal da UPA, Luis Angel Lago Lage, Senador e Patrono da Fundación, Eduardo Baamonde, Director Xeral de Cooperativas Agroalimentarias
A ACTUALIDADE DO SECTOR LÁCTEO E A GLOBALIZACIÓN
O director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo recordou que “os orzamentos e a política agraria comúns son necesarias para que poidamos ser capaces de producir os alimentos saudables, oportunos e suficientes para a poboación; non somos conscientes, moitas veces, de que para isto vaia adiante, para que a agricultura en Galicia vaia adiante, dependemos en gran medida das axudas que recibimos a nivel europeo”. Por este motivo Eduardo Vidal pediu ao director xeral de Cooperativas Agroalimentarias de España, Eduardo Baamonde, que trasladase á realidade do sector lácteo ao eido local, ao entorno de Vilalba e da comarca da Terra Chá, onde este campo de traballo conforma a meirande parte da súa economía e da súa maneira de vivir.
Eduardo Vidal, Director Xeral do CETAl e Eduardo Baamonde, Director Xeral de Cooperativas Agroalimentarias
Pola súa parte, Baamonde falou dos últimos acontecementos relacionados con este sector. Incidiu en que “en Galicia e en España hai moitas empresas dispostas a venderse a calquera prezo o cal provoca unha dinámica da caída dos mesmos. Sempre hai industrias que basean o seu modelo de negocio na precariedade estrutural dos gandeiros. A compra de Puleva por Lactalis foi unha oportunidade perdida, -criticou-, que pon de manifesto a escasa dimensión das industrias lácteas españolas. Deberíamos ter aproveitado esa oportunidade para mellorar a estrutura transformadora española fronte a un mercado máis globalizado e competitivo. Ademais a posición de liderado que tiñan as industrias españolas dentro de España teríase visto condicionado substancialmente. O feito de que a industria leiteira española se concentrase, -subliñou-, permitiríalle ter unha mellor posición á hora de negociar coa gran distribución. Tendo en conta, ademais, que os produtos de Puleva son de alto valor engadido, esta compra beneficiaría amplamente ao sector”. Con respecto ao caso de Pascual detallou que “dende a Confederación de cooperativas, xunto con AGACA, impulsamos a constitución dun grupo de 23 cooperativas que puideran dar paso a transformación, que sen dúbida houbera revertido nunha mellora das rendas dos gandeiros galegos. O proxecto non saíu adiante, -continuou-, quedáronse coa planta un grupo máis reducido de cooperativas; resultando outra oportunidade perdida. Para estar en condicións de viabilidade, hoxe en día, necesítase dimensión, para estar en condicións non só de ser quen de xerar economías de escala que permitan mellorar a rendibilidade, senón, tamén, para gañar poder de negociación cunha gran distribución que exerce unha posición de dominio no mercado español. A Xunta de Galicia tiña que forzar esa integración, naquel momento, e non decantarse por un grupo máis reducido; situación que continúa derivando nunha atomización e que nos leva a competir uns cos outros”, concluíu.
Nembargante, Eduardo Baamonde asegurou que “non hai que perder a esperanza. Hai que facer reaccionar aos grandes grupos españois para forzar fusións ou estratexias comúns, para chegar a adquirir unha dimensión acorde co mercado global”.
Entre os datos que aportou o director de Cooperativas Agroalimentarias de España está o de que en Galicia o 92% do leite líquido que se vende en España, véndeno as grandes cadeas de distribución, o 25% grandes superficies, o 45% nos supermercados e o 20% nos discounts, que van simplemente a polo prezo. A marca de distribución xa ten unha cota de mercado do 52% no volume e o 45% en valor.
Sobre a globalización incidiu en que pode ser boa para quen teña suficiente dimensión para proxectar a súa posición competitiva e mala, sobre todo, “para os que somos pequenos e non somos quen de saír ao mercado exterior porque estamos a defensiva, intentando que non veñan os nosos. Calquera decisión que se adopte en Chicago ou en Corea terá efectos máis tarde ou máis cedo en Vilalba. De aí a importancia da responsabilidade institucional de proporcionar instrumentos que concentren e non que dispersen. Seguimos uns contra os outros. Só deberíamos de ter unha industria láctea e debería ser cooperativa”, rematou.
“EXISTE UN BALEIRO DE ACCIÓN POR PARTE DA XUNTA, QUE TEN QUE SER CUBERTO POLOS AXENTES SOCIAIS, COMO FAI NESTE CASO A FUNDACIÓN CO ANÁLISE DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN”, DIXO PACHI VÁZQUEZ
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, na clausura deste acto, felicitou á Fundación Jacinto Calvo por avaliar temas estratéxicos para Galicia e para unha provincia como Lugo. “Fronte a un goberno galego ausente, esta entidade está aportando un debate sobre o cerne do futuro dos galegos e galegas, cubrindo ese baleiro que deixan os nosos mandatarios”.
Sobre as propostas do Partido Socialista de Galicia para a nova PAC mencionou a introdución de melloras estruturais que fomenten a competitividade e tratar de conseguir que no novo reparto das cotas da PAC se contemplen elementos de biodiversidade, de sostibilidade medioambiental e onde o agricultor sexa un colaborador nato para o desenvolvemento dunhas políticas medioambientais á vez que competitivas nos elementos produtivos. “Nese novo escenario Galicia e o agro galego sairán ganando”, concluíu.
“Dende o PSdeG-PSOE loitaremos porque nesa nova PAC se contemple unha visión integrada, a busca de novos campos de competitividade, enerxías alternativas, transformación de produtos, industrialización e, tamén, onde se vexa ao agricultor como un elemento de conservación da nosa biodiversidade”, insistiu.
O secretario xeral dol PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez
Manuel Vázquez aproveitou a súa intervención para facer un chamamento á defensa dos intereses dun sector no que “o goberno autonómico, no canto de apoiar, se dedica a pechar explotacións agrarias a centos”. Falou de “dignificar” a acción política e sindical. “Os socialistas esixiremos ao Partido Popular que corrixa os seus erros. Tamén falou de esixir medidas estratéxicas ao Goberno do Estado. Como país temos futuro, temos empresas cooperativas que están na punta da lanza dos desenvolvementos tecnolóxicos a nivel de España. No PSdeG-PSOE queremos ser útiles a este país e aportar fórmulas para mellorar. A xente vivirá no mundo rural e traballará no agro se ten competitividade e calidade de vida”.
REPRESENTANTES DE INDUSTRIAS LÁCTEAS E SINDICATOS LANZAN UNHA MENSAXE POSITIVA NA XORNADA SOBRE A PAC
A APOSTA CLARA DA MESA REDONDA, ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN JACINTO CALVO, FOI A DE FUSIONAR AS COOPERATIVAS NUN SÓ ÓRGANO MÁIS COMPETITIVO E CON MÁIS MARXE DE MANOBRA
O programa da xornada "UN NOVO ESCENARIO DE REFORMA DA PAC: O SISTEMA ALIMENTARIO DO FUTURO", da Fundación Jacinto Calvo, contou cun debate moderado polo senador socialista, e tamén membro do Padroado, Luis Ángel Lago Lage.
Dentro desta mesa redonda, o director xeral de FEIRACO, José Luis Antuña, subliñou que no sector primario debería haber sancións duras para que non manexe contractos. É decisión política a defensa da competencia, porque non hai poderes públicos que digan que determinados sectores non poden destruírse na cadea de valor simplemente porque uns sexan máis poderosos que outros. Hai que influír para cambiar, pero necesitamos a axuda de Bruxelas para solventar dificultades".
Tamén lanzou unha mensaxe positiva “dende a incorporación de España na UE, a evolución do sector lácteo en Galicia é espectacular: vese no aumento e mellora da capacidade de crecemento; da compra de cota e de arroxo empresarial de endebedamento, e, sobre todo, nos resultados finais coñecidos, onde nos informes da comisión do 2009 aparecemos nunha posición privilexiada dende o punto de vista de eficiencia e custes. Polo tanto, neste entorno estrutural, que limita a capacidade de actuar, o gandeiro de leite en Galicia é moi eficiente. Sobre todo se temos en conta a loita cun entorno de estrutura de terra absolutamente mal repartida, tremendas limitacións para negociar a PAC, entre outros”, dixo.
Participantes na xornada da PAC
AS AXUDAS POR PARTE DE BRUXELAS E A INTERVENCIÓN DOS GOBERNOS EN MATERIA DE COMPETENCIA SERÁN FACTORES PRIMORDIAIS PARA A MELLORA DO SECTOR, DIN OS PARTICIPANTES DA MESA REDONDA
O secretario de Gandería da Comisión Executiva Federal UPA, Román Santalla, criticou duramente a política do goberno autonómico. “A Xunta de Galicia puxo todos os atrancos posibles á creación dun Grupo lácteo galego en condicións. Dende o goberno preferiron crear ‘chiringuitos’. Debemos, nun país onde as estruturas son moi débiles, decantarnos pola fusión de cooperativas”. Como gandeiro tamén compartiu a idea de que o agro ten futuro. “Hai que producir alimentos para os cidadáns”. Tamén felicitou, que hai uns días, no consello de xefes de estado, na estratexia 20-20, se proxectara como sector estratéxico de futuro ao sector da alimentación e da agricultura.
Santalla fixo fincapé, tamén, en que se viviu o momento máis tráxico do sector leiteiro cando "por primeira vez se deixou o leite sen recoller". Falou dun “pánico xeneralizado” onde os produtores “mesmo se viron na obriga de suplicar pola recollida”. Así mesmo cualificou de "ruinosa" a situación dos prezos.
Sonia Verdes referiuse á base territorial das explotacións. “En Galicia, xunto co modelo familiar de explotación, temos outro modelo de explotación máis competitivo, mais orientado ao mercado, que ten un problema precisamente de competititividade polo tamaño das propias explotacións, pero non pola calidade das producións. Debemos impulsar medidas que resolvan o problema que supón a excesiva fragmentación da propiedade e a falta de ordenación dos usos da terra, e que resolvan a escasa base territorial das explotacións galegas, con áreas moi explotadas nas zonas de maior intensidade gandeira, en especial leiteira, e zonas con infrautilizadas, que requiren un gran pacto de país".
A parlamentaria autonómica socialista advertiu un futuro que virá marcado pola liberalización da produción, a desaparición das cotas e que vai esixir maior produtividade. Instou a promover a execución prioritaria de concentracións parcelarias nas zonas de maior intensidade agrícola e en especial leiteira, ligadas ao compromiso de utilización produtiva das terras concentradas e a promoción, así mesmo, de procesos de concentracións privadas colectivas a iniciativa dos produtores e co apoio e a implicación da administración.
Do mesmo xeito recordou o Banco de Terras, posto en marcha polo anterior goberno, recalcou que “é un instrumento útil que favorece a incorporación de terras as explotacións gandeiras e o seu arrendamento. Os esforzos deberán encamiñarse cara o establecemento de novos incentivos para os propietarios que cedan as súas parcelas e á integración e xestión conxunta de pequenas parcelas que as fagan máis atractivas". Tamén reclamou que Feijóo paralizase o Banco de Terras e que “dende a Xunta están a traballar na disolución da sociedade xestora do Banco de Terras, que sen dúbida tentará unicamente relegalo a unha oficina cun carácter meramente administrativa”.
A FUNDACIÓN JACINTO CALVO PON ENRIBA DA MESA O DEBATE DO FUTURO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN
A ENTIDADE LUCENSE ORGANIZA UNHA XORNADA EN TORNO AO SISTEMA ALIMENTARIO DO FUTURO. OS CAMBIOS QUE PRECISA SERÁN ANALIZADOS, NUNHA MESA REDONDA, POLO SECRETARIO XERAL DE UUAA, O DIRECTOR DE FEIRACO, A PARLAMENTARIA SOCIALISTA SONIA VERDES, ENTRE OUTROS.
O EVENTO, NO QUE TAMÉN PARTICIPARÁN O SENADOR SOCIALISTA E MEMBRO DO PADROADO DA FUNDACIÓN, LUIS ÁNGEL LAGO LAGE, E O DIRECTOR DO CETAL, EDUARDO VIDAL, CONTARÁ CUNHA CHARLA DO DIRECTOR DE COOPERATIVAS AGROALIMENTARIAS DE ESPAÑA, EDUARDO BAAMONDE, E SERÁ INAUGURADO POLO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CLAUSURADO POR MANUEL VÁZQUEZ.
A Fundación Jacinto Calvo celebrará o vindeiro día 19 de xuño, en Vilalba, unha xornada de reflexión e debate en torno á Política Agraria Común (PAC) e ao que deberá de ser o novo sistema alimentario do futuro.
Seguindo os seus principios de “promoción, impulso e canalización de iniciativas que contribúan ao desenvolvemento político, social e ao progreso económico e cultural da provincia de Lugo” esta entidade, presidida por Miguel Vázquez Calvo, ofrecerá un amplo programa de conferencias e mesas redondas para falar sobre a situación actual da agricultura e a gandería en Galicia.
Dende a Fundación Jacinto Calvo explican que “nos derradeiros anos en Galicia houbo unha gran perda de peso específico da produción estritamente agraria, deste xeito a base agraria está sendo cada vez menos relevante no conxunto da produción alimentaria e estase convertendo, polo tanto, no eslavón máis débil da cadea. A produción alimentaria autóctona, -din-, perde terreo, o que afecta non só á riqueza agraria, senón tamén ao desenvolvemento económico de Galicia”.
Así pois, os membros do Padroado deste ente aseguran que “o actual modelo, baseado en dous piares, precisa dunha profunda revisión, xa que é ‘descendente’ dun modelo sostido na produción e que non está axustado ás necesidades actuais da agricultura, nin ao que a sociedade espera de ela. Sendo o noso Estado o segundo maior beneficiario dos pagos procedentes dos fondos agrícolas, despois de Francia,-inciden-, non debería favorecer o mantemento do modelo. Faise preciso apostar por un modelo que reforce as funcións non comerciais da agricultura, pero que consolide tamén unha agricultura competitiva, moderna e innovadora”, apostan.
O evento, que dará comezo ás 10:30hrs, e que se desenvolverá no Hotel Villamartín, no concello vilalbés, será inaugurado polo presidente da Deputación provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e clausurado polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez.
Por outra banda, o director xeral de Cooperativas Agroalimentarias de España, Eduardo Baamonde, falará da situación e perspectivas do sector agroalimentario en Europa e da reforma da PAC. Esta charla será presentada polo director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, Eduardo Vidal. Así mesmo, haberá debate ao redor do tema “O sistema alimentario galego na encrucillada dunha nova reforma agraria europea”, moderado polo senador socialista e membro do Padroado da Fundación Luis Ángel Lago Lage, participarán nel o secretario xeral de UUAA, Roberto García, a parlamentaria socialista Sonia Verdes, e o director xeral de FEIRACO, José Luis Antuña.
A FUNDACIÓN JACINTO CALVO FAI PÚBLICAS AS BASES DA CONVOCATORIA DO SEU PREMIO AOS VALORES SOLIDARIOS E AO COMPROMISO SOCIAL
O PADROADO ANUNCIARÁ MÁIS ADIANTE OS NOMES DOS 5 MEMBROS DO XURADO, QUE, -DESTACAN-, “SERÁN PERSOAS DE RECOÑECIDO PRESTIXIO E TRAXECTORIA, RELACIONADA COA CULTURA, O XORNALISMO O COMPROMISO SOCIAL E A SOLIDARIEDADE”.
OS PARTICIPANTES PODERÁN ENVIAR ATA UN MÁXIMO DE 3 ARTIGOS, CADA UN. A DATA LÍMITE DE ENTREGA DOS EXEMPLARES SERÁ O 15 DE XANEIRO DE 2011. O GAÑADOR RECIBIRÁ 1.500€.
A Fundación Jacinto Calvo fai públicas as bases do premio aos valores solidarios e ao compromiso social. Dende o padroado destacan que cada participante poderá presentar ata un máximo de tres artigos, “sempre que a súa temática se basee na defensa dos valores democráticos e a sensibilización da sociedade respecto ás necesidades e demandas dos colectivos sociais máis vulnerables”. O premio, único e indivisible, estará dotado de 1.500€.
A data límite de recepción de aqueles artigos xornalísticos, publicados entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2010, en medios de comunicación escritos ou dixitais, españois ou estranxeiros e asinados polo seu autor, será o 15 de xaneiro de 2011.
Ademais de enviar o exemplar que opte ao premio (debidamente certificado e acompañado da documentación previamente requirida), os concursantes deberán remitir ao apartado de correos no. 35, 27080 Lugo os seus datos persoais e un breve currículo.
O fallo farase público, a través da web da Fundación Jacinto Calvo e dos medios de comunicación, a partires do mes de febreiro.
Por outra banda, dende o Padroado, tamén sinalan que o Xurado, ao fronte do cal estará o Presidente da Fundación, Miguel Vázquez Calvo, estará integrado por 5 persoas de recoñecido prestixio e traxectoria, relacionada coa cultura, o xornalismo, o compromiso social e a solidariedade, ademais o secretario da Fundación, actuará neste xurado con voz, pero sen voto.
VIVEIRO HONRA AO SOCIALISTA JACINTO CALVO, ADICANDO O SEU NOME A UNHA PRAZA E Á RÚA QUE LEVA Á MESMA
MIGUEL VÁZQUEZ CALVO, PRESIDENTE DA FUNDACIÓN CREADA PARA CONTINUAR ESTENDENDO OS VALORES CULTIVADOS POLO QUE FORA SENADOR POLA PROVINCIA DE LUGO DO 1982-1989, MOSTROUSE SATISFEITO POR ESTE NOBLE ACTO DA CORPORACIÓN LOCAL VIVEIRENSE. “É DE RECIBO RECOÑECER O LABOR SOCIAL HERDADO DAQUELES QUE XA NON ESTÁN ENTRE NÓS”.
O concello de Viveiro honra ao póstumo Jacinto Calvo dando o seu nome a unha praza e á rúa que leva á mesma. O alcalde deste municipio, Melchor Roel, varios concelleiros, e o secretario da Executiva provincial socialista lucense, Ricardo Varela, e o secretario da área de Educación da Executiva, José Carlos Ferreiro, que acudiron ao acto en calidade de membros do Padroado da Fundación Jacinto Calvo, foron testemuñas do descubrimento dunha placa co nome do que fora senador e tamén veciño de Viveiro.
Tanto a praza como a rúa, que comunica coa avenida Benito Galcerán, no entorno de San Francisco, reciben o nome de Jacinto Calvo. O acto de inauguración foi o pasado sábado e contou ademais coa presenza de moitos veciños da localidade.
Jacinto Calvo López naceu en Viveiro, un 4 de xullo de 1903. Foi expedientado e sancionado durante a ditadura Franquista, por mor da súa militancia política. Como candidato do PSOE, foi elixido senador pola provincia de Lugo na lexislatura iniciada en 1982. Renovou o seu cargo nas eleccións de 1986, exercendo este cargo ata 1989.
O presidente da Fundación Jacinto Calvo, Miguel Vázquez Calvo, congratulouse desta acción, levada a cabo pola corporación municipal viveirense. “É de recibo recoñecer o labor daqueles ilustres personaxes que xa non están entre nós e que nembargante o seu traballo e os valores que herdamos deles continúan dando froitos na nosa sociedade. Jacinto Calvo loitou por uns ideais que hoxe deberemos de ter en conta para ser máis xustos, máis iguais, máis democráticos, máis progresistas, máis solidarios e máis respectuosos”, asegurou.
A FUNDACIÓN JACINTO CALVO PRETENDE PREMIAR OS VALORES SOLIDARIOS E O COMPROMISO SOCIAL
O PADROADO DA FUNDACIÓN JACINTO CALVO MANTERÁ UNHA XUNTANZA EXTRAORDINARIA NA QUE SE PROPORÁ A CONVOCATORIA DUN PREMIO DOTADO CON 1.500€
ANTONIO FONTENLA PARTICIPA NO DEBATE ECONÓMICO DA FUNDACIÓN JACINTO CALVO
O PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA APOSTA POR PROXECTAR A ECONOMÍA GALEGA NO MERCADO GLOBAL















