castelán / mapa da web / prensa
Buscar 

 

SAÚDO

 

A Fundación Jacinto Calvo é unha fundación que ten por obxecto  promover, impulsar e canalizar todas aquelas iniciativas que contribúan o desenvolvemento político e social e o progreso económico e cultural da Provincia de Lugo.

 

Unha Fundación que dirixe as súas accións o fomento do coñecemento, a expansión e o desenvolvemento do pensamento social, como a senda para poder acadar unha sociedade máis desenvolvida, xusta, solidaria, igualitaria e  participativa; máis democrática, en definitiva.

 

Unha Fundación que apoia a clase traballadora, aos homes e mulleres que loitan contra todo tipo de explotación, aspirando a transformar a sociedade para convertela nunha sociedade libre e en paz, que tenta acadar o progreso dos pobos.

 

Unha Fundación o servicio da cidadanía, que aspira tamén a canalizar a participación de homes e mulleres na expresión das súas ideas, das súas preocupacións e na búsquea de solucions.

 

Unha Fundación que ten, tamén, como obxectivos o impulso de medidas concretas destinadas a efectiva aplicación do principio de igualdade que permita a completa integración das mulleres no proceso de desenvolvemento global da sociedade.

 

Porque a Fundación Jacinto Calvo pretende dar continuidade a traxectoria persoal e humana dun home que sempre loitou por estes ideais, que hoxe seguen plenamente vixentes e aos que queremos dar continuidade a través da Fundación que pomos en marcha.

 

A asunción e continuidade do seu legado e do seu compromiso con estes ideais, fraguados dende Lugo pero con aspiración e vixencia de universalidade, que sitúa no centro dos problemas e das solucións as persoas, aos cidadáns e cidadanas e que somerxese nos principios máis esenciais da democracia participativa.

 

Este espacio e traxecto é o que pretende continuar a Fundación Jacinto Calvo, un espacio de encontro e un camiño de progreso donde a LIBERTADE, a IGUALDADE e a SOLIDARIDADE deben ser as liñas mestras de todas as accións a desenvolver.

Calendario de eventos
« Setembro 2010
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930