A Fundación Jacinto Calvo é unha organización sen ánimo de lucro que xurde en Lugo para ofrecer aos cidadáns un espazo de pensamento libre, respectuoso e plural; en definitiva, unha canle de participación no desenvolvemento da provincia.
A entidade impulsará iniciativas que contribúan ao avance económico, cultural, político e social. Este foro acollerá e difundirá ideas para cimentar unha sociedade máis xusta e participativa; máis democrática, en suma.
Paralelamente, despregará unha serie de medidas concretas destinadas a favorecer a igualdade plena das mulleres en todos os eidos, amparar os dereitos das traballadoras e traballadores, e atender as necesidades dos lucenses residentes no exterior.
A Fundación dará continuidade ó proxecto político e persoal de Jacinto Calvo, un lucense que dedicou a súa vida a construír unha sociedade solidaria, igualitaria e xusta.
Asumimos estes valores e o conxunto do seu legado, fraguado en Lugo pero con aspiración de universalidade, e centrado nas cidadanas e cidadáns, que son os auténticos actores da acción política e social nunha democracia participativa.
Con tales referentes, a Fundación analizará a realidade da provincia e elaborará traballos de estudo, investigación e información en diferentes áreas de actividade, co obxectivo de colaborar no crecemento de Lugo, no progreso de todas e todos os lucenses.
O Patronato da Fundación está formado por:
|
Presidente: |
Miguel Vázquez Calvo, Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Traballo |
|
Secretario: |
Serafín Fernández Gómez, Xefe de Gabinete do Conselleiro de Traballo |
|
Vogais: |
Laura Sánchez Piñón, Conselleira de Educación Ricardo Jacinto Varela Sánchez, Conselleiro de Traballo Isabel Salazar, Exdiputada Nacional Luis Ángel Lago Lage, Senador Margarita Pérez Herráez, Diputada Nacional |















