A Fundación Jacinto Calvo pon en marcha o I Premio de Fotografía sobre solidariedade e compromiso social

  • Luns, 31 Mar 2014
  • Novas

José Conde Vales presentou esta iniciativa, que se enmarca no obxectivo da entidade de consolidarse como “un foro de debate”, no que teñan cabida todo tipo de persoas e colectivos, sen que estes sexan necesariamente militantes ou simpatizantes do Partido Socialista

O prazo de admisión das obras comeza hoxe e rematará o 30 de setembro. O xurado estará formado polo presidente e outras catro persoas de recoñecido prestixio no mundo da fotografía como é o caso do fotógrafo lucense Pepe Álvez

A organización establece catro premios: o primeiro de 500 euros, o segundo de 300, o terceiro de 200 e, o cuarto, será para a obra máis orixinal. As fotografías teñen que ser inéditas, e poderán presentarse ata un máximo de cinco
LUGO, 28 DE MARZO. O Presidente da Fundación Jacinto Calvo -José Conde Vales- acompañado do resto de patronos de dita entidade, presentou este venres o I Premio de Fotografía que organiza esta Fundación sobre “a solidariedade e compromiso social no noso tempo”. Trátase da primeira iniciativa que a Fundación pon en marcha dende que Conde Vales asumiu a súa presidencia e coa que comeza a dar cumprimento ao obxectivo de consolidar esta entidade como “un foro de debate”, no que teñan cabida todo tipo de persoas e colectivos, sen que estes sexan necesariamente militantes ou simpatizantes do Partido Socialista. Do que se trata, explicou o presidente, é de “impulsar e canalizar todas aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento político e social, así como ao progreso económico e cultural da provincia”.

Bases do concursoSegundo as bases do concurso, que se poden consultar na web da propia Fundación –fundacionjacintocalvo.org-, o prazo de admisión de obras comeza dende hoxe e rematará o 30 de setembro. O xurado estará presidido por José Conde Vales e por outras catro persoas de recoñecido prestixio no mundo da fotografía como é o caso do fotógrafo lucense Pepe Álvez.

A organización establece catro premios: o primeiro de 500 euros, o segundo de 300, o terceiro de 200 e, o cuarto, será para a obra máis orixinal. Os elexidos recibirán, ademais da contía económica, un diploma que avala a súa participación no certame.

O xurado, que estará formado ademais por Ana Latorre (fotógrafa profesional), José Manuel Guisasola (membro do Grupo Cinematográfico Fonmiñá) e Manuel Lamas (ex director da Escola de Artes Ramón Falcón), fará público o fallo dos premios nun prazo máximo de dous meses dende a data límite de recepción das fotografías. As obras presentadas teñen que ser inéditas, e poderán presentarse ata un máximo de cinco.

A segunda reunión

José Conde Vales foi elexido en febreiro presidente do Padroado, substituíndo así ao seu antecesor no cargo, o socialista José Vázquez Portomeñe. Ten 59 anos, e é médico de profesión. Con anterioridade ao seu nomeamento, Conde Vales xa era patrono da entidade. Esta foi a segunda reunión do Padroado. A primeira celebrouse a comezos de mes. Nela establecéronse as bases para deseñar medidas concretas destinadas á efectiva aplicación do principio de igualdade que permita a integración do sector feminino no proceso de desenvolvemento global da sociedade, de tal xeito que se facilite unha igualitaria redistribución dos recursos familiares, sociais, políticos e laborais entre homes e mulleres.

©2018 Fundación Jacinto Calvo

Acceso usuarios