SILVIA MELERO ABASCAL ASEGURA QUE OTRA REALIDADE ES POSIBLE

  • Venres, 08 Xul 2011
  • Novas

A GAÑADORA DO “PREMIO JACINTO CALVO AOS VALORES DEMOCRÁTICOS E AO COMPROMISO SOCIAL” DESTACA QUE “AS DECISIÓNS QUE TOMAMOS DÍA A DÍA TEÑEN CONSECUENCIAS E PODER DE CAMBIO” E ANIMOU Á SOCIEDADE A “SUBIR AO TREN DA BOA XENTE QUE MOVE O MUNDO EN OUTRA DIRECCIÓN”.
A XORNALISTA MADRILEÑA LOA O LABOR DA ENTIDADE LUCENSE.
A SÚA REPORTAXE “ESCLAVITUD AYER Y HOY” SOBRE A EXPLOTACIÓN INFANTIL EN BENIN (ÁFRICA) FOI ESCOLLIDA, DE ENTRE VARIAS DÚCEAS ARTIGOS RECIBIDOS POLA FUNDACIÓN, COMO A GAÑADORA.
LUGO, 25 DE XUÑO. Silvia Melero Abascal, gañadora do
, explicou que o obxectivo da súa reportaxe foi contextualizar un tema tan complexo, como a explotación laboral infantil, enmarcándoo dentro do entorno social económico e cultural no que ten lugar para entender por que se sigue dando na actualidade. A premiada fixo fincapé e agradeceu a calidade humana dos presentes, na entrega do galardón, “calidade que arroupa moito e sirve para equilibrar os nervios”. A xornalista madrileña expresou unha alegría inmensa, sobre todo polo significado do premio, asegurou que estaba encantada coa cidade e agradeceu o traballo da Fundación, coa que se sinte identificada, polos valores polos que loita.

DSC06571
Vista do auditorio
“Ás veces estas cosas parécennos que están moi lonxe, África onde está iso?, -cuestionou-, pero na realidade están moi conectadas co que facemos nos países ricos. Como cidadáns tomamos decisións que teñen consecuencias, no día a día, e temos moito poder de cambio coas nosas accións, dende como nos informamos, que valores transmitimos, como educamos, que produtos consumimos e ata que organizacións apoiamos. Tiven a sorte de, polo meu traballo, viaxar por África e Latino América onde vin o traballo de moitas organizacións e fundacións que están cambiando a realidade. Constato sempre que hai moita xente boa no mundo facendo cousas extraordinarias e dignificando a vida de moitas persoas. Creo que merecen o noso apoio”, asegurou.

Vista Auditorio
Outra vista do auditorio
Melero aproveitou a súa intervención para reivindicar a profesión. “Corren malos tempos para todos, para o xornalismo tamén, a crise aumenta a lamentable situación de precariedade dos medios de comunicación, afectando á calidade do traballo que facemos; pero aínda así hai moitos xornalistas en redaccións de medios grandes e pequenos facendo o seu traballo de forma honesta, dende o anonimato, dende o silencio, sen estar en primeira fila; pero dando voz a moita xente que non a ten e denunciando moitas inxustizas sociais e contribuíndo así, como un axente máis da sociedade, nin mellor nin peor, un máis, a construír un mundo máis amable”, dixo.
“Non estou do lado da desesperanza, nin do catastrofismo, como non estaba Jacinto Calvo. Comprobei en sitios como Benin que hai cousas que si se poden cambiar, así que non me queda máis remedio que subirme ao tren de toda esa boa xente que move o mundo en outra dirección”, afirmou.
Miguel Vázquez Calvo, encargado de inaugurar o evento, fixo un agarimoso agradecemento a todos os participantes do concurso, ao xurado e, especialmente, á premiada. O presidente da Fundación Jacinto Calvo loou o labor desta moza, de 34 anos, “por contribuír a denunciar esta situación e aportar o seu gran de area para salvar a estes nenos que sofren continuos abusos e unha explotación por parte, na meirande parte dos casos, do seu propio entorno familiar”. Lembrou que “este premio fai un recoñecemento á potenciación dos valores da solidariedade, na defensa dos valores democráticos e na sensibilización dos diferentes sectores da sociedade, respecto ás necesidades e demandas dos colectivos sociais máis vulnerables”. Así mesmo, recordou que esta entidade lucense “ten vocación de promover, impulsar e canalizar as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento político e social e ao progreso económico e cultural da provincia de Lugo, fomentando e desenvolvendo o pensamento socialista, para acadar unha sociedade máis desenvolvida, xusta, solidaria, igualitaria, democrática, participativa e respectuosa”.

DSC06560
Miguel Vázquez Calvo, Presidente da Fundación
O alcalde de Lugo, José López Orozco, que participou tamén no evento, loou á Fundación por cumprir os desexos e por continuar co traballo de Jacinto Calvo. “O socialismo tense que preocupar fundamentalmente dos demais e de lograr que todos os homes e mulleres, independentemente onde vivamos, sexamos iguais; que teñamos as mesmas oportunidades na vida. Jacinto Calvo cría nese compromiso das persoas que traballan e loitan, a través da solidariedade, por conseguir eses obxectivos de igualdade e xustiza”. Neste senso loou o artigo da premiada que “reflicte ese exemplo de solidariedade daquelas persoas que por nada adícanse aos demais. A través do seu artigo fai que aqueles que menos teñen poidan ter unha oportunidade, a pesares desas circunstancias tan difíciles nas que viven; e fainos ver que hai situacións que reclaman ese traballo, o seu traballo, a solidariedade”.

Jose Lopez Orozco_ Alcalde de Lugo
Jose López Orozco, Alcalde de Lugo
Nesta cita, na capital lucense, estivo presente tamén a presidenta da Asociación de Periodistas de Lugo, Sabela Corbelle, quen coa súa charla sobre “O xornalismo, un compromiso social” afirmou que “todos, cada un na súa medida, podemos facer solidariedade, empatía e defensa dunha sociedade máis igualitaria e xusta; pese a parecer, estes, os ideais sacados dun programa político, pódense aplicar a distintos ámbitos profesionais”. Falou do compromiso dun profesor nunha aula, o dun médico, no ámbito xornalístico asegurou “somos a correa de transmisión do mensaxe entre a sociedade e o poder, co cal o compromiso social é innato á profesión; pero á hora de levalo á práctica hai que saltar obstáculos como a manipulación, o como exercelo sen o respaldo das fontes e salvagardar a obxectividade”.

Sabel Corbelle_ Presidenta Asociacio__n Prensa Lugo (1)
Sabela Corbelle, Presidenta da Asociación de Periodistas de Lugo
Corbelle reparou en que “o compromiso social é visto, moitas veces, como un interese persoal do xornalista ou dos medios de comunicación en airear asuntos que a ninguén interesarían. Informar sen información, logo, ou con información hipotecada, onde non se poden revelar as fontes, fai moi difícil exercer ese compromiso e resúltanos, así, complicado ver esa función nas nosas informacións diarias; pero son aquelas pequenas cousas que están preto de nós, pero que non por iso están exentas de intereses social, as que cumpren dito fin. Silvia Melero foi máis aló, cruzou fronteiras e subiu a un avión para reflectir a triste realidade destes nenos que comparten o mesmo planeta onde outros compramos e tiramos sen pensar xeralmente en quen fai os produtos o seu compromiso social está fóra de dúbida, ela trouxo a España a súa visión de Benin e destes nenos e abriu os ollos e a mente a moitos dos seus lectores, seguramente que para ela esa foi súa mellor recompensa a de facer ver en España o que pasa fóra de aquí. Os que nos quedamos aquí coas nosas pequenas historias cotiás tamén temos outros retos por diante, non tan ambiciosos pero non por iso menos importantes, non moi lonxe, ao noso lado, hai alguén que pode contar unha historia, unha historia de vida; hai temas que denunciar publicamente; hai cuestións que permiten, tamén, abrir os ollos e a mente aos nosos lectores ou consumidores”.

A xornalista lucense fixo unha mención, neste contexto, ao socialista Jacinto Calvo, “El País ou El socialista, dous xornais de corte esquerdista e liberal, abriron os ollos a Jacinto Calvo a finais do século pasado”. Lembrou unha entrevista que lle fixo en maio de 1989, “non tiña aspecto de político, pero houbo unha frase que me dixo, que 22 anos despois podemos repetir e tomar nota dela: un partido non é unha agrupación de ursulinas onde haxa que aceptar todo o que diga a madre superiora, discutimos aqueles puntos nos que disentimos, pero nada de learse a tortas, falaba do PSOE, claro está; eu falaría, neste caso, sobre a relación entre os medios e os políticos: os xornalistas non somos ursulinas dos partidos e o noso deber é discutir sobre o que nos intentan vender, pero iso si, nada de learse a tortas, porque ao fin e ao cabo todos, políticos e xornalistas, estamos suxeitos a un compromiso social”.

O subdelegado do Goberno do Estado en Lugo, José Vázquez Portomeñe, encargado de entregarlle o galardón á xornalista madrileña, analizou o artigo da galardoada traendo unha frase en latín de Plinio el Viejo “optimum non nasci -o mellor e non nacer-, por cavilar en 3 millóns de escravos saídos de Benin en comercio ilegal de seres humanos xestionados polos dirixentes do país ou maquinando na brutal explotación da infancia que afecta, aínda hoxe, a 300.000 nenos e nenas, pero o artigo de Silvia non xeneraliza, -sinalou-, afina e afina ben, o seu obxectivo non é o pesimismo esmorecente, como dixo Marco Porcio Catón rem tene, verba sequentur -cando dominas a materia, as verbas veñen soas-. O artigo esmalta a realidade dunha sociedade viva, as persoas que senten e sofren; reflicte un pasado vergoñento e un presente inquietante, ambos os dous duros e limitativos, xunto cun futuro de esperanza e de compromiso. O escrito encádrase nunha liña de combate literaria a favor dun cambio pola cultura; unha das vías máis efectivas para transformar a sociedade e para acadar un futuro mellor un futuro que faga realidade os desexos de Juvenal nemo malus felix -que ningún malvado sexa feliz-“.

Silvia Melero_ Ganadora _ Jose V Portomen__e_ Subdelado
Silvia Melero Abascal, Ganadora do Premio e Jose Vázquez Portomeñe, Subdelegado do Goberno en Lugo
Portomeñe destacou “a profesionalidade tinguida de democracia, tolerancia e sensibilidade social a prol dun futuro mellor” da xornalista. “A excelencia non pasa desapercibida, sempre ten autor, neste caso Silvia Melero, unha periodista de prestixio”.
Falou ademais da obra, entregada tamén a Melero, xunto co premio de 1.500€, unha escultura de Eduardo Varela Fernández, elaborada en arxila e fundida en bronce en forma de cabalo desbocado, que manifesta unha rebeldía para saír a flote, e que reflicte dúas ideas “que ningún malvado sexa feliz e no que atinxe as verdades que nos conta Silvia Melero: ninguén está libre de culpa. Un obxectivo común entre ambas as dúas obras: Hai esperanza!”.

©2018 Fundación Jacinto Calvo

Acceso usuarios